Sunday 05 de May de 2024

A Xunta realiza un novo envio de 8.553 unidades de material de portección ás Residencias e Entidades Sociais da comarca do Barbanza


O Goberno galego enviou 3.453 máscaras e 5.100 luvas para os centros sociais en Boiro, Muros, Noia, Outes A Pobra do Caramiñal e Ribeira

A Xunta de Galicia vén de facer un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino ás residencias e entidades sociais da área do Barbanza. Nesta comarca a partida inclúe 3.453 máscaras e 5.100 luvas.
Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado 18 envíos de material aos centros sociais da comarca con material de protección de 46.880 luvas e 38.920 máscaras.
Entre as partidas enviadas esta semana incluíronse tamén botes de xel hidroalcohólico e garrafas de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.
Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.